top of page

Nós

·

A nosa historia

A nosa historia · 1992-2001

En abril de 1992 ponse en marcha, no seo da Universitat de Barcelona (UB), o Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) tutelado pola Area de Filoloxías Galega e Portuguesa.

Despois das probas técnicas dos coristas que respostaron á primeira convocatoria en abril de 1992, comezan os ensaios en espacios da Facultat de Filologia, ubicada no Edifici Històric da Praza Universitat. Un ano despois, polas Letras Galegas de maio de 1993, ten lugar a presentación oficial do CUGAB no Paraninfo da propia UB.

Coa fin de procurar a calidade técnica e vocal dos cantores, durante o curso académico 1995/96 realízanse clases de canto e dicción a cargo do profesor Francisco Kraus, director da Cátedra de Canto do Conservatori del Liceu de Barcelona.

Baixo a dirección de César del Caño, cofundador do proxecto, decorre unha etapa de nove anos ateigada de actividades, na que destaca, como fito fundamental, a edición do libro/CD Porgaleuzca (Master RecordsBule Bule Produccions, 1996).

 

Porgaleuzca foi presentado tanto en Barcelona como nas principais cidades galegas, conseguindo unha importante repercusión mediática gracias sobre todo ó respaldo público dos ex-Voces Ceibes: Benedicto, Bibiano, Miro Casabella, Vicente Araguas e Xabier G. del Valle; os escritores: Bernardino Graña, Manuel María, Miguel Anxo Fernán-Vello e Uxío Novoneyra; os musicólogos e profesores Carlos Villanueva, da USC, e Xosé Aviñoa, da UB; os profesores Basilio Losada e Camilo Fernández, da UB;  e o dramaturgo Millán Picouto.

bottom of page