top of page

CUGAB

(Porgaleuzca)

Porgaleuzca

A parte troncal da edición está constituída por versións corais inéditas de cancións do colectivo de cantautores universitarios galegos Voces Ceibes (Benedicto, Bibiano, Guillermo Rojo, Miro Casabella, Vicente Araguas, Xabier G. del Valle e Xerardo Moscoso), que desenrolaron a súa actividade na USC entre o fin da década dos sesenta e primeiros setenta (S. XX), tendo como movementos paralelos a Ez Dok Amairu, en Euskadi, e Els Setze Jutges, en Catalunya.

A segunda parte da obra constitúe unha homenaxe a estas dúas comunidades, Catalunya e Euzkadi, a través de dous persoeiros sobranceiros: Lluis Llach e Mikel Laboa, ás que engadimos Portugal, representado na figura de Zeca Afonso, dos cales se versionaron tamén senllas cancións.

E, por fin, remata a edición unha peza escénica pra coro e rapsodas, sobre textos do artista galego Luís Seoane, nunha interpretación conxunta do CUGA e maila Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona (AUGATEBA).

A obra foi editada co título PORGALEUZCA (PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya), en soporte de disco compacto (CD), acompañado dun libro tamaño DIN-A4 no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía (o cal cómpre dicir que foi o primeiro que, ata o momento da edición, se tiña feito sobre o tema), un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

  • Facebook - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
bottom of page