top of page

Arquivo

·

Crítica

Crítica

Comentarios feitos por críticos musicais, persoeiros destacados da cultura, e músicos diversos, en referencia ó Coro Universitario Galego de Barcelona e ó seu traballo discográfico Porgaleuzca:

“... (Porgaleuzca) unha proposta artística orixinal, atrevida e osada onde as haxa...”
Salvador Rodríguez (xornalista,  crítico musical)

Faro de Vigo, Vigo, 1 de decembro de 1996


“O disco Porgaleuzca merece estar no mellor lugar de calquera discografía de selo galego”
Fernando Franco (xornalista, crítico musical)

Faro de Vigo, Vigo, 13 de xaneiro de 1997)

“... (Porgaleuzca) en liñas xerais penso que é unha produción a que se lle sacou un gran partido (...), e, sobre todo, eu destacaría de xeito especial o traballo realizado polo arranxista das cancións, así como a ledicia que se percibe na interpretación...”

Carlos Villanueva (catedrático de Música da USC)

Presentación de Porgaleuzca en Santiago, novembro de 1996 (Galería Sargadelos)

“A primeira audición de Porgaleuzca constituíu unha gratísima sorpresa, non porque eu dubidase da calidade do Coro Universitario Galego de Barcelona, senón porque sobrepasou con moito tódalas miñas espectativas...”
Benedicto G. Villar (1947-2018. Músico, exmembro de Voces Ceibes)

Presentación de Porgaleuzca  en Santiago, novembro de 1996 (Galería Sargadelos)
 


“... coros universitarios debe haber no mundo cantidades inxentes, como este, pouquiños. Porque aquí hai profesionalidade a esgallo e imaxinación e creatividade...”
Vicente Araguas (músico, escritor, exmembro de Voces Ceibes)

Radio Fene, Fene (A Coruña), decembro de 1996

“... Porgaleuzca semella un disco, desde logo logradísimo, pero tamén atípico: non é habitual, polo menos eiquí en Galiza, achegar repertorio de cantautores ao mundo do bel canto.
Xoán M. Estévez
(xornalista, crítico musical)

Semanario A Nosa Terra; Vigo, 31 de outubro de 1996

“... (Porgaleuzca) unha iniciativa encomiable que perpetúa unha vez máis a solidariedade que dende o século pasado existe entre cataláns e galegos”
Uxío Novoneyra (escritor)

Presentación de Porgaleuzca  en Santiago; 12/11/1996 (Galería Sargadelos)


Porgaleuzca non é un exercicio nostálxico dun tempo e dunha acción artística e comunicativa, é unha mostra viva daquela realidade hoxe convertida en patrimonio cultural, en memória lúcida, en referencia histórica que nos enche de orgullo (...). Porgaleuzca brilla e nós estamos de noraboa”.
Miguel Anxo Fernán-Vello (escritor, editor e político)

O Correo Galego. Santiago, 14 de novembro de 1996


“Hai dous factores que chamaron espacialmente a miña atención: no que se refire ó disco Porgaleuzca, cómpre salientar o respeto ó orixinal mostrado no tratamento das melodías; en canto ó coro en si, é sorprendente o seu alto grao de afinación, cousa pouco usual no noso mundo coral.”
Millán Picouto (dramaturgo e músico)

Presentación de Porgaleuzca en Ourense, novembro de 1996 (Ateneo de Ourense).


“... é unha verdadeira pena que nos anos sesenta, cando tivemos que ir a Barcelona para gravar os nosos primeiros discos, non poideramos contar cun equipo de colaboradores da talla do Coro Universitario Galego de Barcelona...”
Miro Casabella (músico, exmembro de Voces Ceibes)

Presentación de Porgaleuzca  na Coruña, novembro de 1996 (Conservatorio municipal)


“(Porgaleuzca) Unha obra senlleira que recolle, con perspectiva de conxunto, os diversos factores e protagonistas que fixeron de Voces Ceibes un evento histórico musical irrepetible”.
Nonito Pereira (crítico musical, representante artístico)

El Ideal Gallego, A Coruña, 17 de novembro de 1996
 

bottom of page